Nesta obra de Jordi Sierra i Fabra, o autor que máis libros vende no conxunto do estado no ámbito da literatura infantil e xuvenil, abórdanse unha serie de cuestións esenciais como motivo de reflexión na idade adolescente como son a tiranía da imaxe perfecta, os transtornos alimentarios consecuentes? pero tamén o desamor e as dificultades asociadas ao corazón humano no terreo sentimental. O libro é tamén un texto de denuncia das mafias que operan polo mundo adiante traficando con seres humanos, en especial dende o terceiro mundo. O autor achégase á cuestión dende un formato de novela policial, de tal maneira que a historia, envolvida en intriga, déixase ler moi facilmente. A acción viaxa por Africa e España, protagonizada por un xornalista que ve na televisión como unha antiga moza, agora supermodelo, está acusada do asasinato do seu actual noivo. Baixo destes parámetros, revísase todo o mundo corrupto que ás veces se agocha debaixo dun suposto universo de glamour e excelencia.Ollo coa fama! Ollo coa moda! Ollo co glamour!
¡Oferta!
A modelo descalza Promoción Exclusiva
El precio original era: 17,30 €.8,65 €El precio actual es: 8,65 €.
- Flete: Se cobrará un suplemento de 4 € en envíos inferiores a 49 €.
- Devolución y reembolso en un plazo de 30 días.
- Pago seguro mediante métodos de pago verificados.
Métodos de pago





