A publicación destes dous primeiros volumes dos Contos completos, de Edgar Allan Poe (Boston, 1809-Baltimore, 1849), realízase dentro de Clásicos Universais, colección que ten como obxectivo traducir para o galego as obras fundamentais da tradición literaria mundial. A obra contística de Poe é unha das que fundan a tradición literaria moderna, salientando como precursora en diversos subxéneros coma o policial e o de misterio. A súa influencia nos autores posteriores chega ata hoxe e a súa tradución sistemática para o galego ten relevancia, ademais, pola papel central do conto na tradición literaria do noso país. Por primeira vez publícanse en galego os Contos completos de Edgar Allan Poe e faise nunha edición sistematizada, que segue a orde cronolóxica e o texto establecido pola edición canónica de The Library of America. Saen do prelo os volumes I e II dunha obra que se rematará de publicar en 2010 coa edición do terceiro e último tomo.
¡Oferta!
Contos completos I Imprescindible (Must-Have)
El precio original era: 24,55 €.12,28 €El precio actual es: 12,28 €.
- Flete: Se cobrará un suplemento de 4 € en envíos inferiores a 49 €.
- Devolución y reembolso en un plazo de 30 días.
- Pago seguro mediante métodos de pago verificados.
Métodos de pago





