Xavier Alcalá recupera para a novela galega unha parte da nosa historia recente, e faino dende o punto de vista dunha das minorías relixosas máis esquecidas, a dos protestantes galegos. Logo da publicación de Entre fronteiras, primeira parte da triloxía, coa que cubría o período da Segunda República e da guerra, Nas catacumbas iníciase co remate da contenda e prosegue durante os anos corenta. Unha época marcada polo estraperlo, a guerrilla antifranquista, a presenza dos nazis en Vigo ou as brutalidades dos fascistas na persecución de protestantes e fuxidos. A través dos ollos do protagonista, un protestante que logo de loitar na fronte bélica tenta recuperar unha vida normal sen renunciar á súa relixión, Alcalá traza con man firme o relato novelesco dunha realidade histórica inesquecible, Nas catacumbas configúrase dese xeito como a novela da posguerra, un período pouco presente na narrativa galega contemporánea e que nesta obra adquire unha presenza contundente. Xavier Alcalá anuncia xa a conclusión da súa trioloxía narrativa coa que será a terceira entrega, a novela que se titulará Unha falsa luz. Cada unha das tres novelas do ciclo mantén unha autonomía considerable, sen perder a coherencia dunha obra pensada para relatar as vicisitudes dun grupo humano con características propias, o dos evanxélicos galegos.
¡Oferta!
Nas catacumbas Entrega Rápida
El precio original era: 20,05 €.10,03 €El precio actual es: 10,03 €.
- Flete: Se cobrará un suplemento de 4 € en envíos inferiores a 49 €.
- Devolución y reembolso en un plazo de 30 días.
- Pago seguro mediante métodos de pago verificados.
Métodos de pago





