Está é unha historia baseada en feitos reais. Un dos seus protagonistas é o profesor Himmler, pai do futuro dirixente nazi organizador do xenocidio xudeu. O relato desenvólvese nun colexio de Munich durante unha hora de clase de grego na que irrompe o vello Himmler, establecendo con varios alumnos un pulso malvado e cruel. O narrador, que comeza sendo un anónimo e atento observador da violencia psíquica e moral que se vai apoderando da aula, acaba converténdose na súa principal vítima. O proceso é transformado na literatura por Alfred Andersch cun estilo directo, vivo e meticuloso que consegue facer partícipe ao lector do oprobio e da humillación experimentada polos alumnos desta escola na Baviera que comezaba a asistir, impasible, ao ascenso ao poder dos nacional-socialistas.
¡Oferta!
O pai dun asesino Promoción
El precio original era: 8,10 €.4,05 €El precio actual es: 4,05 €.
- Flete: Se cobrará un suplemento de 4 € en envíos inferiores a 49 €.
- Devolución y reembolso en un plazo de 30 días.
- Pago seguro mediante métodos de pago verificados.
Métodos de pago





