As frechas de ouro é a primeira obra literaria escrita en galego por John Rutherford, profesor de lingua e literatura hispánicas no Queen’s College de Oxford e Director do Centro de Estudos Galegos da mesma universidade. Unha orixinal e persoal obra de ficción na que o autor percorre o Camiño de Santiago. O profesor Rutherford semella encontrarse ben nun galego que el arrequenta co humor fino e sarcástico da literatura inglesa, coa súa capacidade para relatar polo miúdo os aconteceres positivos e negativos dunha peregrinaxe que ten moito de viaxe iniciática ou rito de paso, e que constitúe tamén unha fonte de aprendizaxe sobre os lugares e a xente que o viaxeiro atopa. As dificultades e satisfaccións dos peregrinos, a súa vivencia cotiá configuran unha viaxe literaria na que ficción e realidade se superpoñen e mesturan para acadar unha obra deliciosa, unha sorpresa para as nosas letras.
¡Oferta!
Precio De Fábrica As frechas de ouro
El precio original era: 18,10 €.9,05 €El precio actual es: 9,05 €.
- Flete: Se cobrará un suplemento de 4 € en envíos inferiores a 49 €.
- Devolución y reembolso en un plazo de 30 días.
- Pago seguro mediante métodos de pago verificados.
Métodos de pago





